"O blog da SAGA"

Publicacións da SAGA

XA ESTÁ NA RÚA “FOL DE VELENO Nº7”

fol7-2017_portada

Xa está na rúa o noso anuario Fol de Veleno nº7. Cociñado a lume manso, con cariño e dedicación durante este ano 2017 o novo número do anuario de antropoloxía e historia chega cargado de traballos interesantes e de novas achegas ao coñecemento antropolóxico.

Neste número contamos con artigos que van dende o estudo simbólico ata a etnografía das construcións tradicionais galegas, pasando por traballos de antropoloxía da educación, de mitoloxía, de arte rupestre ou diferentes olladas ao redor de aspectos da cultura afgá ou siberiana.

Fol7_sumario

Véxanse os contidos deste número no índice que achegamos, así como a editorial de Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza nº7.

fol7_editorial_1

fol7_editorial_2

Advertisements

Catálogo de produtos editoriais da SAGA

Miguel Losada: Secretario SAGA, editor, redactor.

Unha das actividades que mais caracterizan á Sociedade Antropolóxica Galega SAGA é a da produción editorial. Dende as súas orixes, esta entidade considerou unha misión de gran importancia a da divulgación dos contidos propios da cultura galega mediante o deseño dun sistema de xeración de publicacións que puideran dar conta da potencia e complexidade da equipaxe cultural propia de galegos e galegas.

Eis agora unha ollada atrás cara este esforzo colectivo, no que compre pola nosa parte agradecer a todas e cada unha das persoas que teñen escrito para as nosas cabeceiras o seu esforzo e xenerosidade que teñen feito posible este traballo de maquetación do compañeiro Miguel Alonso. Agrademos e felicitamos tamén ó resto do equipo da SAGA, e resto de colaboradores pola súa entrega e traballo, moito traballo, abofé, a prol dun futuro para a cultura de Galicia.

Estaremos atentos a tódolos pedidos ó respecto destas publicacións que, como sempre, poden adquirirse nuna serie de establecementos que actualizamos periódicamente e tamén mediante solicitude dirixida ó correo indicado mais abaixo. Algunhas destas publicacións xa están esgotadas. Nomeadamente, as mais antigas. Quen teña verdadeiro interese, xa sabe o que debe facer. En calquera caso, respostaremos o antes posible e tomaremos nota das peticións recibidas por se chegara o caso de reeditar algunha delas debido á demanda acumulada.

Mercar e colaborar así co noso obxectivo como institución. Regalar e/ou regalarse cultura galega neste nadal. Ogallá chegara a ser un tópico no que nos poideramos participar.

infosaga@antropoloxiagalega.org

catalogo_produccions_saga