QUEN SOMOS
A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) constitúese como unha asociación cultural sen ánimo de lucro e declarada de carácter social cuxos obxectivos son a investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional —tanto material como inmaterial— e de todo os aspectos enmarcados dentro do campo da antropoloxía social e cultural, así como a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.
Para levar a cabo todo este labor, a sociedade conta coa colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que abrangue o proxecto. Ao abeiro da SAGA reúnense antropólogos, etnógrafos, arqueólogos, historiadores, filólogos, fotógrafos, artistas plásticos, restauradores de arte, técnicos en audiovisual, músicos e moitos outros colaboradores comprometidos coa aventura cultural e social que agora emprendemos.
Entre os proxectos que ten en marcha a Sociedade Antropolóxica Galega cabe salientar:
Traballo editorial:
- A publicación do anuario Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza. (ISSN: 2253-837)
- A publicación do seu boletín informativo Caderno de Campo (ISSN: 2254-3406).
- A publicación de Canxar. Revista de fotografía etnográfica
- A publicación de SAGA. Revista dixital de investigación. (ISSN: 2254-5964).
- A publicación da súa colección Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega (ISSN: 2341-099X)
- A publicación das Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega (ISSN:2341-0353). Colección de monografías de temática antropolóxica, etnográfica ou histórica.
- A publicación doutros libros de corte antropolóxico ou histórico.
A realización de documentais e doutros traballos audiovisuais no eido da divulgación do patrimonio material e inmaterial da cultura galega. Cítense: Muíños. A memoria da auga (2016), Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011), Sete Camiños, encrucillada do tempo (2011) ou a triloxía Centeeira (2014), O palleiro de herba (2013) e Metocas (2012).
A organización de presentacións, xornadas e conferencias sobre os temas obxecto do noso labor. Entre elas podemos salientar as xornadas anuais: “Xornadas sobre o Entroido en Galiza” e as “Xornadas sobre antropoloxía”.
A posta en marcha de proxectos de investigación antropolóxicas sobre diferentes aspectos que van dende o campo das crenzas, da relixiosidade e do mundo simbólico galego ata a antropoloxía urbana.
A realización de programas de posta en valor do patrimonio material e inmaterial, entre os que se inclúe a creación de roteiros culturais. Formou parte da comisión técnica para a posta en marcha e divulgación do proxecto de creación do “Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños”. Tamén formou parte do proxecto de arqueoloxía social do castro de Mallou e, xunto á Universidade de Vigo, do proxecto “Alto Támega, accións na paisaxe patrimonial”, entre outras moitas iniciativas e proxectos.
Máis información:
Web:http://www.antropoloxiagalega.org
Blog:https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com
Visitar Facebook
Email: infosaga@antropoloxiagalega.org
SEDE:
Centro Sur.
R/ Luis Braille Nº 40
36003 Pontevedra
—————————————————————————————————————————————–
XUNTA DIRECTIVA
O órgano directivo da Sociedade Antropolóxica Galega está constituído polas seguintes persoas:
Presidente: Rafael Quintía
Secretaria: Ana Durán
Tesoureiro: Antonio Vázquez
Vocal: João Bieitez
Vocal: Miguel Alonso
—————————————————————————————————————————————–
CONTACTOS
Se quere contactar coa Sociedade Antropolóxica Galega pódeo facer no email:
infosaga@antropoloxiagalega.org
—————————————————————————————————————————–
PÁXINA WEB:
Deixar unha resposta