PUBLICACIÓNS
LIBROS E OUTRAS PUBLICACIÓNS
FOL DE VELENO. ANUARIO DE ANTROPOLOXÍA E HISTORIA
“FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” é unha publicación dada de alta oficialmente con ISSN: 2253-8437, na que prevalece o interese divulgativo e de labor social, nun intento por achegar á cidadanía temas culturais que normalmente permanecen circunscritos ó ámbito académico ou especializado. O anuario está pensado, xa que logo, como un espazo libre e de calidade onde especialistas da etnografía, da arqueoloxía, da historia e da antropoloxía galega poidan expo-las súas achegas e as súas investigacións. Ademais ofrece ós novos investigadores que traballan no eido da descuberta e da recuperación da nosa cultura popular e da nosa historia unha canle onde publica-los seus traballos. FOL DE VELENO tamén está aberto ás achegas doutros investigadores de fóra de Galicia e a traballos alleos ó ámbito galego pero que pola súa temática poidan ser de interese para os nosos lectores. O anuario véndese nas librerías e a través da nosa web. Tódolos ingresos obtidos coa venda do anuario van destinados integramente ó financiamento deste proxecto editorial como único xeito de garanti-la viabilidade da publicación.
Dirección: Rafael Quintía
Redactor xefe: Miguel Losada
Datos técnicos Fol de Veleno 2012:
Director:Rafael Quintía Pereira
Editorial:Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión:branco e negro
Tamaño:24×17
130 páxinas
I.S.B.N. 2253-8437
PVP: 10 €
Datos técnicos Fol de Veleno 2013:
Director:Rafael Quintía Pereira
Editorial:SociedadeAntropolóxica Galega
Impresión:branco e negro
Tamaño:24×17
200 páxinas
I.S.B.N. 2253-8437
PVP: 10 €
ACTAS:
COLECCIÓN MONOGRAFÍAS DA SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA:
————————————————————————————-
COLECCIÓN CADERNOS DA SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA:
—————————————————————————————–
LIBROS:
ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA
Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: Branco e negro
Tamaño:20.5×15
370 páxinas
Ano: 2013
I.S.B.N.: 978- 84-616-5814-5
O unicornio é, posiblemente, un dos animais míticos máis universais. Ó seu corno –o alicornio- atribúenselle dende a máis remota antigüidade propiedades sandadoras contra tódolos velenos e moitos máis prodixios. En Galicia, a crenza nos poderes curativos do alicornio callou fondo converténdose a máxica hasta no amuleto por excelencia para cura-lo mal de pezoña e outras doenzas da pel. Neste traballo etnográfico o autor fai un extenso percorrido polo mundo do alicornio e as súas virtudes e ofrécenos unha viaxe na procura dalgúns dos poderosos alicornios que aínda están activos na nosa terra.
PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos
Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos sinxelos e concisos en torno ó universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce e moitas outras dimensións do noso folclore que irán desfilando polas páxinas deste libro para achegarlle á xente nova e ó neófito do noso folclore o rico e variado tesouro da música tradicional galega. “Para cantar veño eu” complétase cunha amena unidade didáctica que inclúe os exercicios e as prácticas necesarias para que a xente máis nova practique, comprenda e asimile os diferentes contidos deste traballo.
Para cantar veño eu! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega.
Datos técnicos:
Autor:Rafael Quintía Pereira
Editorial:Sociedade Antropolóxica Galega e A.C. Os Chichisos
Impresión:branco e negro
Tamaño:23×16
274 páxinas
I.S.B.N. 978-84-615-4507-0
PVP: 18 €
—————————————————————————————————————–
DOCUMENTAIS E TRABALLOS AUDIOVISUAIS
Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
SINOPSE:
“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites,
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 87 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
Documental “SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo”
SINOPSE:
O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é unha proposta que pretende poñer en valor o importante e rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, o Monte do Pornedo e o Monte do Catadoiro. É un espazo que conforma unha unidade natural que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra e San Xulián, en Marín. O documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo pon voz e imaxes a este proxecto que supón unha nova estratexia colectiva que aposte por unha xestión sostible dos nosos montes e recursos, pola conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial e por unha visión a longo prazo para garantir unha digna herdanza natural e cultural para as xeracións futuras. Só así será posible a creación deste espazo natural e arqueolóxico, só así terán un futuro viable os nosos montes e a nosa propia cultura.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía e Lukas Santiago
GUIONISTA: Rafael Quintía e Lukas Santiago
REALIZACIÓN: Lukas Santiago e João Bieites
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Arqueológico, etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 43 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
Documental “METOCAS”
SINOPSE:
Na paisaxe do campo galego había unha estampa pintoresca que o furacán do progreso vai arrasando co paso do tempo. As METOCAS ou metoucos, segundo o lugar ou a feitura con que se facían en cada comarca. Estas medas ou palleiros cónicos da palla de millo tiñan diversas utilidades: Recoller a palla do nutritivo cereal nun lugar axeitado, complementar o alimento do gando vacún e sin pretendelo dar bonitura a paisaxe do campo galego. Hoxe, case que desaparecidos, alumean o noso esprito espallados polas leiras galegas. A xente de Vaipolorío, observaos nestes 11 anos como estas “construccións vexetais” foron desaparecendo, de feito no val de Tomeza na máis este ano foron feitos dous exemplares.
Este documental realizado pola Sociedade Antropolóxica Galega, a inciativa da Asociación cultural Vaipolorío, recolle paso a paso a construción dunha destas metocas A realización da metoca correu a cargo de José Ramón López Laxe, veciño da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo. A parte técnica da produción do documental correu a cargo de João Bieites, Licenciado en Belas Artes, profesor de Plástica, Deseño Técnico e Cultura Audiovisual no Ensino Secundario e membro de S.A.G.A. (Sociedade Antropolóxica Galega).
FICHA ARTÍSTICA:
REALIZACIÓN: João Bieites,
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa asociación Vaipolorío
FICHA TÉCNICA:
PRODUCTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa asociación Vaipolorío
TÍTULO ORIXINAL: “Metocas”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 15 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
DOCUMENTARIO “O PALLEIRO DE HERBA”
FICHA ARTÍSTICA:
REALIZACIÓN: João Bieites
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa asociación Vaipolorío
FICHA TÉCNICA:
PRODUCTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa asociación Vaipolorío
TÍTULO ORIXINAL: “O palleiro de herba”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico
Produción propia realizada a cor
ANO: 2013
DURACIÓN: 20 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
SINOPSE: Móstrase o proceso de construción dun palleiro de herba. A construción do palleiro precisa de varias persoas, coñecemento, xeito e, sobre todo, tempo para facelo.
———————————————————————————————————–
REVISTAS E BOLETÍNS
Deixar unha resposta