"O blog da SAGA"

Imaxe

ESTREA DO DOCUMENTAL “MUÍÑOS. A MEMORIA DA AUGA”.

estrea moinhos

Advertisements

Imaxe

PRESENTACIÓN EN CAMBRE DO ANUARIO “FOL DE VELENO” 2015

cartaz fol de veleno 2015


Imaxe

Presentación da Monografía da SAGA nº2 : A Guía de Petróglifos de José Antonio Gavilanes

CartazDefinitivo


Imaxe

Imaxes da II Xornada sobre Música Tradicional da SAGA. Danzas e Danzantes. Casa das Campás. Pontevedra 23 de maio de 2014.

Un ano máis as portas da Casa das Campás de Pontevedra, edificio que depende da Universidade de Vigo, abríronse para acoller esta máis que merecida homenaxe que, dende a Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA, quixemos facer ós músicos e á música tradicional de Galiza. O noso agradecemento oficial ás institucións colaboradoras (Concellería de Cultura do concello de Pontevedra e Casa das Campás da Universidade de Vigo), ós participantes e a toda a xente que por aló se achegou. Mil primaveiras máis, tamén, para a música galega.

Este foi o programa.
https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/05/18/ii-xornada-sobre-musica-tradicional-danzas-e-danzantes/

A seguir, unha escolma de imaxes relacionadas. Escollan, por favor vostedes mesmos, a música que mellor lle poida acaer ás mesmas.

Oli Xiráldez, Miguel Sotelo e Antonio Vázquez durante as II xornadas da Música Tradicional da SAGA.

XMS11

Miguel Sotelo e Antonio Vázquez (esquerda)

XMS5jpg

Luis Prego (dereita) e os demais participantes na mesa.

XMS6

De dereita a esquerda: Luis Prego, Oli Xiráldez, Antonio Vázquez e Miguel SoteloXMS7

Oli XiráldezXMS8

 Oli Xiráldez interpreta á gaita a música da danza de espadas de Redondela.

XMS9

XMS4jpg

XMS3

Miguel Sotelo


Imaxe

Cartaz da V andaina popular polas abas do Monte Larouco. Pola ruta dos castros.

Cartaz da V andaina popular polas abas do Monte Larouco. Pola ruta dos castros.

Como xa saben, a SAGA ten colaborado co concello de Cualedro e con outras persoas e entidades, no esforzo colectivo necesario para que a magnífica cidade prehistórica galega do Castro da Saceda e a súa contorna, volva a facer parte dos circuítos normais de aproveitamento do noso rico patrimonio cultural.

Neste sentido poden lembrar este post anterior.

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/02/02/a-acropole-do-castro-da-saceda-e-a-sua-fantastica-contorna-inmediata/
Poder achegarse a estes lugares e gozalos e respectalos coma a sociedade galega merece é o noso obxectivo. O mellor coñecemento dos elementos da nosa cultura beneficiará á conservación destes e tamén ampliará as posibilidades do conxunto dos cidadáns.
Dentro deste contexto queremos colaborar especialmente na difusión dunha actividade que transcorre por unha das paisaxes mais suxerentes de Galicia. As beiras do Monte Larouco, o deus deitado.
Acudan se poden e o desexan a esta andaina popular patrocinada polo concello de Cualedro e ca colaboración tamén da Cruz Vermella e sintan de primeira mau os beneficios de gastar cultura galega.


Imaxe

A SAGA aporta parte dos seus fondos documentais para unha exposición do MuCEM. O Museo das civilizacións de Europa

O Mundo do revés é o título da nova exposición que terá como escenario as instalacións do MuCEM, en Marseille, Francia. Esta institución abriu as súas portas en xullo do ano 2013 co gallo de servir como a casa escaparate das manifestacións culturais da Cultura e as  Civilizacións de Europa.

Os integrantes da SAGA levamos moitos anos investigando e documentando os entroidos de Galicia como unha parte insustituible e esencial para entender o contexto europeo das festas da invernía do noso continente. O traballo dos colaboradores e investigadores da SAGA a prol da Cultura de Galicia  foi recoñecido e considerado valioso polos responsables de contidos do museo que o consideraron interesante para axudar a coñecer, dun xeito mais exahustivo, a realidade cultural e tradicional dos pobos europeos. Esto, evidentemente, é un merito da nosa cultura e da súa excepcional calidade e fondura de contidos que nun tempo mesmo estiveron no centro mesmo das dinámicas expresivas e creadoras das terras que marxean as costas occidentais da vella Europa.

Neste enlace poden descargar mais información ó respecto Présentationcom2013

Así, dende hai mais dun ano, temos estado traballando xunto ca conservadora xefa do MuCEM, Marie_Pascal Mallé, e outros traballadores do MuCEM, como a Srª. Anne André,  co albo de que as festas da invernía galega estiveran presentes en pe de igualdade cas do resto dos paises da UE.

Pois ben, grazas ó bo facer do fotógrafo da SAGA Pedro G. Losada a cultura de Galicia, por medio dunha das súas iconas mais salientables, ondea a todo trapo na fachada do Museo das Civilizacións de Europa. Para a SAGA resulta apropiado falar de Cultura e Civilización galegas, neso andamos.

Visiten pois se poden e lles apetece a fermosa cidade da Galia Narbonense cuxa bandeira será neste ano, un chisco mais branca e azul.


Imaxe

Cartaz da Presentación en Verín

Cartaz da Presentación en Verín

Recomendamos tamén a interesante charla de Luis García Mañá que terá lugar o mesmo día venres pola ás 12 h do medio día. Se poden non a perdan tampouco.


Imaxe

Presentacións do libro de Rafael Quintía Pereira “Alicornio. O poder do corno do alicornio na mediciña tradicional galega”

Presentacións do libro  de Rafael Quintía Pereira, Presidente e fundador da SAGA Alicornio. O poder do corno do alicornio na mediciña tradicional galega

O venres día 18 de outubro de 2013 estaremos na biblioteca pública de Verín e ó día seguinte estaremos na Fundación Vicente Risco de Allariz, contra as 20.30 h


Imaxe

PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS DA SAGA E DO ANUARIO “FOL DE VELENO” NO CENTRO GALEGO DE LISBOA

CG Antropologos


Imaxe

“XORNADAS SOBRE O ENTROIDO” DA SAGA NO FARO DE VIGO

escanear0004

mb

Xornadas sobre o Entroid.._Página_1