"O blog da SAGA"

0. NOVAS

VII XORNADAS SOBRE ANTROPOLOXÍA DA SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA

“Mito e relixión”, temática das VII Xornadas sobre Antropoloxía da Sociedade Antropolóxica Galega que se celebrarán os días 15 e 16 de decembro no Centro Social do Gorgullón en Pontevedra.

Contaremos coas intervencións de: Manuel Santos Estévez, Felipe Senén López, Ana Durán Penabad, José Luis Cardero López, Ana Filgueiras, Rosa Brañas e Rafael Quintía. Nesta ocasión será presentado, asemade, o n°11 de “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”.


PRESENTACIÓN DO ANUARIO FOL DE VELENO Nº11

Este xoves 26 de outubro presentamos o noso Anuario Fol de Veleno número 11 no salón de actos da UNED de Pontevedra! Non volo perdades! Poderedes seguilo tamén on line a través da UNED Pontevedra en: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/33999


XA ESTÁ NA RÚA O Nº 11 DE “FOL DE VELENO. ANUARIO DE ANTROPOLOXÍA E HISTORIA DE GALIZA”

Xa está na rúa á venda nas librarías do país o novo número de “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Neste número 11 do noso anuario achegámosnos, entre outros temas, ao mundo das deidades e da mitoloxía, ás linguaxes simbólicas da arte e da danza, ao papel da muller na prehistoria e na sociedade tradicional galega, aos ritos de peregrinación ou a temas sociais de actualidade como poden ser o problema da prostitución ou o papel das ONGs. Agardamos, coma sempre, que os contidos deste novo número satisfagan as necesidades dos nosos queridos e pacientes lectores. Se estades intersados na publicación podedes adquirila a través do noso email infosaga@antropoloxiagalega.org, solicitala na vosa libraría de confianza ou a través do Consorcio Editorial Galego. En breve anunciaremos a presentación deste novo número do Fol de Veleno.


XI XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Os próximos 24 e 25 de febreiro temos unha cita no Convento de Santa Clara, en Pontevedra, que de novo será o marco ideal para reflexionar sobre o noso Entroido.

A Sociedade Antropolóxica Galega convídavos a asistir a estas XI Xornadas.


Novo número de “SAGA. Revista Dixital de Investigación”, nº4-2022

Xa temos dispoñible o número deste ano da nosa publicación “SAGA. Revista Dixital de Investigación”. Podedes descargar o PDF nesta ligazón ou visionalo online.


Aberto o prazo de recepción de artigos para o novo número de “Fol de Veleno. Anuario de antropoloxía e Historia de Galiza”

Se es investigador de temas antropolóxicos ou históricos, podes enviarnos o teu artigo para ser publicado na edición 2022 do noso Anuario.

O prazo de presentación remata o 15 de agosto.

Velaquí as nosas normas de publicación:

Temática
“FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” é un espazo libre e de calidade onde especialistas da antropoloxía, da etnografía, da arqueoloxía e da historia poidan expor as súas achegas e as súas investigacións. Ademais, ofrece aos novos investigadores que traballan no eido da antropoloxía no seu senso máis amplo unha canle onde publicar os seus traballos. FOL DE VELENO tamén está aberto ás achegas doutros investigadores de fóra de Galicia e a traballos alleos ao ámbito galego pero que pola súa temática poidan ser de interese para os nosos lectores.


Presentación de textos
Os artigos a publicar deberán ser inéditos e teñen que vir asinados polo autor, facendo constar a súa titulación académica e/ou profesión e, no caso que corresponda, o centro, entidade ou institución na que traballe. En casos de especial interese poderán publicarse traducións de artigos xa publicados noutras revistas estranxeiras.
Todos os orixinais deberán vir co título na lingua na que estean escritos (galego, español ou portugués) e en inglés. A continuación do título, o artigo acompañarase dun sumario ou resumo na lingua do orixinal e doutro en inglés (abstract) e seguidos das correspondentes palabras chave. O sumario non excederá de 8 liñas.
O autor deberá facer constar o seu correo electrónico para que se lle comunique a recepción do seu traballo e, no seu caso, a súa posterior aceptación por parte do Comité de Redacción.
Os artigos remitiranse por correo electrónico ao seguinte enderezo:infosaga@antropoloxiagalega.org

Idioma
O idioma preferente de publicación será o galego, se ben, e para dar cabida a un maior número de investigadores tamén se poderán publicar artigos escritos en español ou portugués, sempre e cando o seu número non exceda do 20% dos traballos a publicar.

Formato
Os textos presentaranse en soporte informático e en formato Word ou similar. O tamaño de páxina debe ser DIN A4, o espazado sinxelo e o tipo de letra Times New Roman tamaño 12 puntos. O texto estará paxinado e terá unha extensión mínima de 10 páxinas e máxima de 35 páxinas, incluídas imaxes, notas e bibliografía.
Os encabezamentos das distintas partes do artigo deben ir ben diferenciados.
As citas textuais poranse entre comiñas e as palabras e citas de textos en lingua orixinal poranse en cursiva.


Ilustracións
As ilustracións deberán enviarse en arquivos separados (jpg, png ou tiff) na mellor calidade posible (300 ppp a ser posible, nunca por debaixo de 72 ppp) e indicando o seu título correspondente. Deberán ir acompañadas do seu pé de foto correspondente e indicarase o lugar que ocuparán no texto. Para isto, o artigo pódese enviar coas imaxes xa inseridas no propio texto.

A situación das devanditas imaxes no artigo poderá ser lixeiramente alterada por motivos de maquetación.
Referencias bibliográficas
A bibliografía situarase ao final do artigo, seguindo unha orde alfabética por apelidos dos autores, e dentro do mesmo autor por orde cronolóxica.
Libro: apelidos e inicial do nome do autor ou autores en maiúsculas; título da obra en cursiva, editorial, lugar de edición e ano.
Exemplo: DE CASTRO, R.; Follas novas, La Propaganda literaria, A Habana, 1880.
Se a persoa citada é director, editor ou coordinador, farase constar a continuación do nome e entre parénteses.
Exemplo: PÉREZ, X. (coord.); Litixios nas mancomunidades galegas, Eds. Querquellequer, Santiago de Compostela, 1993.
Se hai máis de tres autores, citarase ao primeiro e engadirase “et alii”
Exemplo: REIGOSA, A et alii.; Diccionario de seres míticos galegos, Edicións Xerais de Galicia, Madrid, 1999.
Para capítulos incluídos nun libro, cítase o autor, o título da colaboración entre comiñas, a preposición “en” e a continuación a cita do libro segundo as normas anteriormente citadas.
Exemplo: ZARAUZ, V.; “Neolocalidade e aculturación en Costa de Marfil”, en MARTÍNEZ-WELLER, X. (coord); Lecturas poscoloniales de fenómenos contemporáneos, Ed. Rémora, Cuzco, 2002.
Ponencias, comunicacións de congresos ou seminarios , etc. indicarase o autor, o título da colaboración entre comiñas, o título do congreso ou seminario en cursiva e o lugar e ano de celebración, seguido das páxinas correspondentes.
Exemplo: RAMALLOSA, V.; “Licántropos, basiliscos e outros seres míticos da Raia portuguesa”, V Simposio de mitoloxía arraiana, Tui, 1999, pp. 142-178.
Teses doutorais inéditas: cítanse facendo constar o autor, o título en cursiva, a universidade e o ano.
Exemplo: PEREIRO, X. M.; O cinema galego no albor do século XX. Achegamento inicial, Universidade de Vigo, 2015.
Para artigos de revista: apelido e inicial do nome do autor ou autores en maiúsculas, título do artigo entre comiñas, nome da revista en cursiva, tomo e/ou número, ano, páxinas correspondentes.
Exemplo: SEOANE, A.; “Demarcacións populares nas comarcas de Valdeorras” en Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Vol. 1, No 4, Sociedade Antropolóxica Galega, Pontevedra, 2014.


Presentación de “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e historia de Galiza” nº10

O vindeiro mércores 1 de xuño ás 19h presentamos o nº 10 de “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza“. O acto, para o que é precisa inscrición, terá lugar no Centro Asociado da UNED en Pontevedra e a SAGA comprácese en convidalos a todos/as. Máis información no seguinte enlace: https://extension.uned.es/actividad/27290&codigo=27290


Xa está na rúa o noso anuario “Fol de veleno” nº10

Acabamos de publicar o novo número de “Fol de veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Xa o podedes pedir nas librarías ou directamente á SAGA a través do email infosaga@antropoloxiagalega.org

Para máis información sobre os contidos do noso anuario deixamos aquí o sumario e a editorial deste novo número que fai xa o 10.


“O Entroido de Doade”. Novo caderno da SAGA

Publicamos un novo caderno da colección da SAGA dedicado aos entroidos tradicionais de Lalín, neste caso a como se desenvolvía na parroquia de Doade. Un traballo de Rafael Quintía.


Presentación dos novos números de Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega.

Neste ano 2021 que está a piques de rematar, na SAGA estamos de celebración pois cumprimos dez anos de traballo ininterrumpido a prol da investigación e da divulgación da antropoloxía galega. Non se nos ocorre mellor forma de festexalo que retomando a nosa colección de cadernos e publicar tres novos números de “Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega”.

Nesta ocasión as obras publicadas son:

-“As Torres Arcebispais de Pontevedra. Segundo o preito Tabera-Fonseca“. De Ana Durán Penabad

-“Ideas da morte e do Alén en Galiza. Niveis estéticos dunha estrutura social“. De José Luis Cardero

-“Apegotes, burros e trangalladas. Ritos de escarnio e mofa na tradición galega“. De Carlos X. Ares

E para que se coñeza esta nova achega á investigación da nosa cultura e historia presentarémolos o vindeiro martes 21 ás 20h no local da Federación Castelao, en Pontevedra. Será un parcer volver a vervos a quen se queira achegar ao acto nestas datas tan significativas do ano e nestes tempos tan incertos. Ata entón, felices festas.


XA TEMOS O NOVO NÚMERO DE “CANXAR. REVISTA DE FOTOGRAFÍA ETNOGRÁFICA” Nº2-2021

Estamos de celebración, xa podemos presentarvos o segundo número de “CANXAR. Revista de fotografía etnográfica”. Novamente cun feixe de artigos marabillosos que nos amosan eses outros mundos culturais e esas outras formas de ollar.

DESCARGA GRATUÍTA


V XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA

Tras este obrigado parón pola pandemia, volvemos coas xornadas de antropoloxía en formato presencial. Do 5 ao 7 de novembro no espazo Nemonon, Pontevedra. Unhas xornadas organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración da Concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Este ano debatiremos e reflexionaremos sobre o mal estudado dende diferentes visións. Quedan convidados.

Horarios:

Sesión venres 5 tarde (18h-20h):

18h Apertura das xornadas

18.15h Conferencia de Padre José Criado(Sacerdote): “O mal dende o Cristianismo”

19.15h Conferencia (online) de José Luis Cardero (Antropólogo): “O Numinoso, o Sagrado e o Relixioso. Unha mirada cara ás Divindades ancestrais do Terror”.

20h Mesa redonda con poñentes

Sesión sábado 6 mañá (11-13h):

11h Conferencia pendente confirmar

12h Conferencia de Rocío Ovalle (Profesora da USC, coordinadora da delegación de Cruz Vermella en Santiago): “Proyecciones que transforman. El bien institucional, el bien colectivo y el bien individual, entre el idealismo y la coherencia”

13h Mesa redonda coas poñentes

Sesión sábado 6 tarde (18h-20h):

18h Conferencia de Manuel Carballal (Escritor, investigador e criminólogo): “No nome de Satán: o mal como xustificación do crime”

19h Félix Castro (antropólogo e avogado)

20h Mesa redonda con poñentes

20.30h Clausura das xornadas

Domingo: actividade

10.30h Roteiro polo Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras. Guiado polo antropólogo Rafael Quintía. Punto de encontro Centro social de Salcedo a Casa Verde.


Nova andaina para SAGA. Revista dixital de investigación”

Tras varios anos de parón neste proxecto, coincidindo coa celebración dos dez anos de actividade da SAGA, relanzamos a nosa revista dixital “SAGA. Revista dixital de investigación”. Unha publicación de visionado e descarga libre e gratuíta a disposición de todos aqueles que lles interesa a antropoloxía e a historia. Coidamos que este número cargado de interesantes contidos que inaugura este novo formato da revista sexa do voso agrado. Queremos agradecer publicamente a todos os investigadores e investigadoras, tanto galegos como de fóra, que tiveron a ben achegar xenerosmente os seus traballos a esta publicación para pór o seu grao de area na socialización do coñecemento.

LINK DE DESCARGA DA REVISTA:

VISIONADO ON LINE:


Xa está na rúa “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” nº9-2020

Malia o ano tan difícil que vimos de pasar e a repercusión que a pandemia da Covid-19 está a ter para o mundo da cultura, a SAGA acude á súa cita anual coa divulgación antropolóxica publicando o seu anuario “Fol de veleno”. Ademais, neste ano tan especial quixémolo facer cuna novidade: a de recuperar o deseño orixinal das portadas da nosa publicación. Velaí o Fol de veleno 2020. Un anuario, coma sempre, cargado de interesantes contidos que esperemos cumpra as espectativas dos/as nosos/as lectores e que a sú lectura axude non só a formarse senón a evadirse e a mitigar, cando menos un pouco, a tristeza e ansiedade que producen estes tempos estraños e difíciles que nos tocou vivir.


NACE “CANXAR. REVISTA DE FOTOGRAFÍA ETNOGRÁFICA”. A nova publicación da SAGA

Durante Os meses de confinamento dende a SAGA estivemos aproveitando estes tempos raros e difíciles para madurar novas ideas e facelas realidade, sempre con ese afán de traballar a prol da divulgación e do fomento da Antropoloxía en todas as súas formas posibles. Nace así  “Canxar. Revista de fotografía etnográfica”. Unha publicación da Sociedade Antropolóxica Galega fundada co fin de promocionar, valorizar e divulgar a fotografía etnográfica e o traballo dos seus autores e autoras, así como visibilizar o campo da antropoloxía visual, en xeral. A revista ten unha vocación internacional, por iso se edita en formato dixital e en tres idiomas (galego, español e inglés), buscando chegar ao maior número de público interesado posible. Ademais, seguindo a nosa filosofía de intentar achegar o coñecemento á sociedade “Canxar”  é de visionado libre na web http://antropoloxiagalega.org e na plataforma ISSUU. Tentamos con este proxecto chegar a canta máis xente posible, achegar a nosa cultura galega a outros recunchos do mundo e, asemade, achegármonos a outras culturas e a outras formas de ollar e de estar no mundo.

Queremos dar as grazas publicamente a todas as autoras e a todos os autores que colaboraron neste proxecto cos seus traballos. Tamén ao Museo Etnolóxico de Ribadavía e ao Museo Etnográfico Casa do Patrón polas súas desinteresadas achegas e, como non, ao doutor en Historia da Arte Carlos Arturo Fernández Uribe polo seu magnífico artigo.

Se está interesado en publicar os seus traballos na revista pode pórse en contacto connosco no email: infosaga@antropoloxiagalega.org

 

DATOS EDITORIAIS:

DIRECCIÓN: Rafael Quintía Pereira

DESEÑO ARTÍSTICO: Ana Durán Penabad

EDICIÓN: Dixital

IDIOMAS: galego, español e inglés

COLOR

PERIODICIDADE: Semestral

ENTIDADE EDITORA: Sociedade Antroplóxica Galega (SAGA)

LUGAR DE EDICIÓN: Galicia (edición dixital)

ISSN: en xestión

DEPÓSITO LEGAL: OU 139-2020

 

DESCARGA LIBRE:

CANXAR. Revista de fotografía etnografica Nº1 2020

 

VISIONADO EN LIÑA:


AS PUBLICACIÓNS DA SAGA ONLINE

 

Na SAGA levamos anos socializando gran parte dos nosos traballos. Dende documentais, pezas audiovisuais ou fotografía etnográfica ata o noso anuario Fol de Veleno, libros, artigos e outras publicacións editadas pola nosa entidade. Un traballo a prol da nosa cultura sempre motivado polo ánimo de divulgar o coñecemento antropolóxico, no seus senso máis amplo, e de achegarche á cidadanía o maior número de materiais, actividades e cotidos culturais que nós consideramos de interese e importancia para o coñecemento, conservación e valorización do acervo cultural galego e da diversidade cultural do Mundo, en xeral.  A continuación deixamos nun só post todas as ligazóns para o visionado en liña de moitas destas publicacións:

 

ACTAS DAS XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

 

 

FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía de Historia de Galiza

 

 

 

 

 

 

 

CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


XA ESTÁ AQUÍ “CADERNO DE CAMPO” Nº12, MAIO 2020

Acabamos de publicar o novo número de “CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega”.  Un número de 140 páxinas cargado de artigos, novas, crónicas das nosas actividades e moitos máis contidos.

VISIONADO ON LINE:

 

 

 

 


“ACTAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA”. Dispoñibles online

Libro coas actas das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza, celebradas pola Sociedade Antropolóxica Galega no ano 2014. Contén os textos de todas as conferencias así como outros contidos e artigos extra.

VISIONADO ONLINE:

 

LINK DE DESCARGA:

Actas II Xormadas sobre o Entroido de Galiza. Ano 2014


“ACTAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA”. Dispoñibles online

Libro coas actas das I Xornadas sobre o Entroido de Galiza, celebradas pola Sociedade Antropolóxica Galega no ano 2013. Contén os textos de todas as conferencias así como outros contidos e artigos extra.

VISIONADO ONLINE:

 

ENLACE DE DESCARGA:

Actas I Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Ano 2013

 


DISPOÑIBLE ONLINE “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza nº6. Ano 2016”

Deixamos para  consulta en liña o noso anuario Fol de Velno,nº7, 2017.

VISIONADO ONLINE:

 

LINK DE DESCARGA:

FOL DE VELENO Nº6. Ano 2016

 


DISPOÑIBLE ONLINE “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza nº7. Ano 2017”

Deixamos para  consulta en liña o noso anuario Fol de Velno,nº7, 2017.

VISIONADO ONLINE:

 


Vídeo

I Xornadas Casto Sampedro

Conferencias das I Xornadas Casto Sampedro, que se levaron a cabo en Redondela o 3 de maio  de 2019, sobre antropoloxía, etnomusicoloxía e arqueoloxía. Este ano os conferenciantes foron Xabier Groba, Beatriz Busto e Rafael Rodríguez. 

 

Apertura das Xornadas

Conferencia de Xabier Groba. Ao ronsel de Casto Sampedro: estado actual da etnomusicoloxía galega.

Conferencia de Beatriz Busto. Galicia conxelada: A necesidade da reflexión antropolóxica na actualidade.

Conferencia de Rafael Rodríguez. Entre sachadores e burócratas. Unha ollada á arqueoloxía galega actual.


IV XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA. Viaxe e Antropoloxía: migración, turismo, expedición e introspección.

Conferencias das IV Xornadas de Antropoloxía, que se levaron a cabo en Pontevedra os 22, 23 e 24 de novembro de 2019. O tema central deste ano foi Viaxe e Antropoloxía: migración, turismo, expedición e introspección e os conferenciantes foron Cristina Valdés, Carmen Arnau Muro, José Luis Cardero, Luzia Oca, Santiago del Valle e Diego Cortijo.

 

Conferencia de Cristina Valdés, Viaxes e turismo: unha visión antropolóxica.

 

Conferencia de Carmen Arnau . 22 años de expediciones antropológicas a Siberia.

 

Conferencia de José Luis Cardero. A viaxe cara ás fronteiras e términos do Alén

 

Conferencia de Luzia Oca – Viaxes que parten o corazón: migrantes entre dous mundos.

 

Conferencia de Santiago del Valle – Galegos en Vilcabamba

 

Conferencia de Diego Cortijo – Explorando selvas y desiertos hacia Ítaca

 


EN MEMORIA DE DON CARMELO LISÓN TOLOSANA

Hoxe sorprendeunos a desgraciada nova da morte do antropólogo Carmelo Lisón Tolosana, referente indiscutible no estudo da antropoloxía galega. O noso compañeiro e socio honorífico da Sociedade Antropolóxica Galega, o Doutor José Luis Cardero López, achéganos esta sentida lembranza do que foi o seu mestre no seu camiño polo mundo da Antropoloxía. Que a terra lle sexa leve, Don carmelo Lisón Tolosana. D.E.P.

Carmelo Lisón Tolosana.  (Foto: http://www.fundacionlison-donald.es)

 

EN MEMORIA DE DON CARMELO LISÓN TOLOSANA

De una manera o de otra, el fin de los tiempos y el de nuestro propio tiempo, termina siempre por sorprendernos, por mucho que lo esperemos o que pensemos en ello como algo cierto e inevitable.

Yo me acuerdo ahora, en estos tiempos de crisis casi universal, del profesor Lisón y de aquellas clases y seminarios impartidos en el Departamento de Antropología Social y Cultural de la Facultad de Ciencias Políticas y Sociología, en la Universidad Complutense de Madrid.

Sus enseñanzas abrieron, en mi caso, una ventana al mundo del Conocimiento, cuya importancia y trascendencia nunca habría sospechado por entonces. Venía yo en aquellos años -los setenta del pasado siglo veinte- de los territorios académicos de la Medicina y también de los acontecimientos sociales y políticos que marcaron las etapas finales de la dictadura franquista. La Sociología y, mas tarde, la Antropología Social y Cultural, con las aportaciones docentes y académicas del profesor Lisón impartidas en un Departamento universitario magníficamente dotado con unos profesores de gran altura profesional e intelectual, de los cuales guardo un recuerdo entrañable, provocaron un cambio imparable en mi propia vida, tanto como en el curso de mis inquietudes intelectuales.

Recuerdo que, a lo largo de sus muchas enseñanzas, nos comentaba como la curiosidad nunca saciada, el ansia de preguntar una y otra vez, la observación detenida, la investigación pormenorizada e incansable y la preocupación científica, llegaban a ser -entre otros- instrumentos indispensables tanto para el trabajo de campo que distingue en cualquier caso la labor de antropólogas y antropólogos, como para la interpretación que estos científicos sociales deben llevar a cabo siempre sobre la misma realidad social y cultural a la que interrogan y acerca de la cual investigan en sus muchas facetas. La Antropología como una herramienta de observación, de análisis y de interpretación, nos era recomendada en cada momento de nuestro trabajo y de nuestro estudio, y aparece también, en mi opinión, como una constante, en la propia obra científica de don Carmelo.

El profesor Lisón y su ejemplo nos guiaron a muchos por el sendero -en no pocas ocasiones proceloso, discutido y agitado por mil vendavales- de la Antropología Social y Cultural, como una práctica cuyos fundamentos científicos no deben ser nunca olvidados, pero cuyo aliento, íntimamente vinculado siempre a lo humano, tiene que acompañar siempre también -observación, participación, interpretación- a nuestras tareas.

Descanse el gran antropólogo, investigador y maestro, de estos afanes, y conservemos nosotros su recuerdo y sus enseñanzas mientras caminamos, observamos e interpretamos, por los caminos y vericuetos de este mundo. Que su recuerdo y memoria nos acompañen en cada momento de esa tarea.

José Luis Cardero López