"O blog da SAGA"

VISIONE LIBREMENTE O DOCUMENTAL “COMUNEIROS”

O documental “Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual, dirixido por Rafael Quintía e realizado por João Bieites, fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufrir os veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

O 5 de novembro do 2011 presentouse o documental con motivo das “II Xornadas sobre Monte Comunal” que organiza a Comunidade de Montes de Salcedo. O documental tivo unha grande acollida e repercusión mediática pois, xunto co xa clásico “O Monte é Noso” de Llorenç Soler (1978) foi pioneiro nos traballos audiovisuais dedicados ao monte comunal en Galicia.

Hoxe poñémolo a disposición de todo o público para o seu visionado libre a través da nosa canle de youtube. Agardamos sexa do seu interese.

 

comuneiros

SINOPSE:
“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites,
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 87 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego

diario

el-pac3ads-comuneros

faro-de-vigo-1

faro-de-vigocomuneiros-la-voz-de-galicia

Unha resposta

  1. Ana G.Rguez.

    *Jo, grazas:* *Engaioloume, sobre todo o remate final con Castelao. * *Onte fun pasear outra vez pola miña praia favorita e decateime de que por algún motivo, (descoñecemento, ou privacidade sabiamente buscada) ese sitio é unha ucha de innumerábeis tesouros aínda por descobrir.* * De súpeto, mentras camiñaba, dixen para min: ” ¡¡¡Eu son parva!!! esto é inmenso!!!…” Se botaba a mirada a dereita e a esquerda vía que toda esa zona desde Corrubedo ata punta Couso está ateigada de túmulos a un e outro lado ó longo da franxa costeira incluida a área. Ata se pode ver sen maior dificultade como se perfilan as elevacións circulares e a veces restos de murallas dos (supoño) diferentes poboados, todos eles visibeis desde a presidencia en altura magnífica de castro da Cidade (cuxa restauración da dolor).* *A verdade é que non saquei moita información do encontro con Moncho. E non quero abusar do seu tempo. * *Bueno, non me enrrollo mais que teño un lio na cabeza coa cultura chamánica esa que marcaba a paisaxe, que se facía ver e** os mouros …para min son a mesma cousa poida que separados por xeracións de persoas* *….en fin, xa decía Castelao nos anos 40 que a cronoloxía dos gravados rupestres está sen resolver. E se o dicía Castelao para min xa está todo dito.*

    *Apertas e de novo grazas*

    2016-12-28 12:46 GMT+01:00 SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA :

    > sociedadeantropoloxicagalega posted: “O documental “Comuneiros. Cen anos > de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade > Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes > Salcedo. O audiovisual, dirixido por Rafael Quintía e realizado por João > Bieites, ” >

    Decembro 29, 2016 ás 12:28 pm

Deixar un comentario