"O blog da SAGA"

XA ESTÁ NA RÚA O NOVO NÚMERO DE “FOL DE VELENO. ANUARIO DE ANTROPOLOXÍA E HISTORIA”

Vimos de publica-lo novo número de “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”.  Dende onte mesmo xa está dispoñible nalgunhas librarías do país, pero se non queredes esperar ou non queredes quedarvos sen o voso exemplar podedes adquirilo tamén a través desta web, do noso facebook ou do  noso correo de contacto infosaga@antropoloxiagalega.org.

Intentando mellorar cada ano, o anuario Fol de Veleno 2013 vén cun total de 200 páxinas e 16 artigos de temática variada pero todos eles de grande interese. Malia o incremento de páxina respecto o ano pasado (70 páxinas máis) co conseguinte incremento de custos, en vista da penosa situación económica decidimos mante-lo prezo do ano pasado, isto é 10 €, para facilita-la súa adquisición, na medida do posible, ó maior número de lectores. Por todo elo, tendo en conta as elevadísimas comisións de distribución e de venta, así como o pequeno marxe comercial da publicación este ano vémonos obrigados a escoller un número reducuido de librarías nas que estará dispoñible o noso anuario, primando, asemade, a súa distribución directa a través das nosas canles virtuais de comunicación. Tan só nos queda facer público o noso agradecemnto a tódolos investigadores que colaboraron neste número e desexar que gocedes coa lectura de “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”

Aqui vos deixámo-la portada, o sumario e a editorial deste novo anuario que agardamos sexa do voso interese.

 

Fol de Veleno nº 3

 

Páginas desdefol de veleno nº 3

Páginas desdefol de veleno nº 3-2

4 Respostas

  1. ana

    ¿En que librerías de Santiago puede comprarse la revista? Gracias

    Marzo 23, 2013 ás 5:55 pm

  2. Pingback: NOVO ANUARIO DA SAGA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)

  3. Estaría estupendo conseguirlo en madrid.

    Xuño 21, 2016 ás 9:57 pm

Deixar un comentario